En cambio, en Galicia o paro subiu en máis de 4.500 persoas.
Novembro é un mes historicamente malo para o emprego. Só baixou o paro en dúas ocasións: o ano pasado e este ano, coa mellor cifra dende 1996, dende que hai rexistros.
O número de desempregados inscritos nas oficinas de emprego baixou en 14.688 persoas. Hai algo máis de catro millóns e medio de parados. E a Seguridade Social gañou máis de 5.000 afiliados.
Ademais hai case 300.000 parados menos que hai un ano, a maior caída interanual dende 1998.
O paro baixou en once comunidades e subiu en seis. Sobre todo nas Baleares e despois en Galicia, con case 4.600 parados máis. Hai 248.632 desempregados na nosa comunidade.
En Galicia, a afiliación á Seguridade Social baixou en máis de 4.000 persoas en novembro. Pero hai un incremento de case 12.000 cotizantes respecto do mesmo mes do ano pasado.
1 comentario:
De las políticas de asfalto a las políticas de hierba artificial La Diputación de Pontevedra ha construido alrededor de 70 campos de fútbol con hierba sintética, gastándose unos 36 millones de euros. http://www.eldiario.es/galicia/politicas-asfalto-hierba-artificial_0_193881221.html
Louzán anuncia su candidatura para presidir la Federación Gallega http://www.farodevigo.es/deportes/2014/12/02/louzan-anuncia-candidatura-presidir-federacion/1142766.html ¿quienes tienen derecho a voto en las elecciones a la federación gallega de fútbol?¿utilización de dinero publico para asegurarse futuros votos en dichas elecciones? ¿tanta leche da esa vaca para que un politico se meta en la lucha por presidirla? https://www.youtube.com/watch?v=jUrQjgPO2qQ&feature=youtu.be
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.