Ao mesmo tempo, solicitan aos deputados do PSdeG no Parlamento Galego que rexistrasen a mesma solicitude, e así o fixeron mediante pregunta en sede parlamentaria rexistrada o día 13 de decembro de 2013.
En xuño deste mesmo ano o goberno local presumía de que as obras ían estar realizadas neste mesmo verán e atopámonos en outubro de 2014 e aínda non hai nada feito. Unha vez máis outra mentira do Conselleiro de Educación e de Luis Aragunde: mentiron sobre a cantidade que se ía destinar á obra, que o 4 de agosto de 2011 decían que ían ser de 386.000€ na propia páxina web da Xunta de Galicia, mentiron sobre cando se ía realizar, estamos a piques de rematar o 2014 e era unha obra que se ía facer no 2012, mentiron sobre cando se ía empezar coa obra, e mentiron sobre canto tempo ía levar facela.
Ademáis a empresa non vai poder rematar as obras no plazo previsto que era a vindeira semana, xa que según din non poden seguir traballando pois non contan co material para o arranxo. A situación é ademáis de esperpéntica, realmente vergonzosa.
As clases de Educación Física, un ano máis estánse facendo dentro das aulas: cando é posible na de música e cando non, onde se pode. Os nenos do patio dos maiores teñen que entrar e saír polo patio dos pequenos, houbo que establecer turnos para saír ó recreo, cambiar determinadas actividades como a Biblioteca e o Plan Lector, merendar dentro das aulas onde logo se imparten as clases aproveitando a media hora na que sae o turno dos maiores ó patio...
Un ano máis a mesma situación que en anos anteriores... Que digan o que queiran pero as cousas demostránse con feitos e o feito está en que un ano máis o patio do Magariños segue sen arranxar...
Se esta situación non se resolve axiña, un ano despois, presentarán de novo a mesma moción que presentaron en decembro do ano pasado, solicitando as mesmas cousas, que segundo o Alcalde Luis Aragunde e os seus concelleiros, votaron en contra, porque xa estaban resoltas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.