Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

11 de octubre de 2014

TOMÁS FAJARDO ELIXIDO PRESIDENTE DA FED. GALEGA DE CONFRARÍAS




A xunta xeral da Federación Galega de Confrarías de Pescadores reuniuse esta mañá para elixir o seu presidente e vicepresidente, de acordo coa normativa sobre elección dos órganos de goberno desta entidade, nunha xornada electoral que se desenvolveu sen incidencias. A este encontro asistiron un total de 107 representantes de 59 confrarías.
Como presidente foi elixido Tomás Fajardo, patrón maior da confraría de Porto do Son e pertencente ao colectivo de empresarios. Como vicepresidenta 1º, Faustina Solloso, patrona maior da confraría do Vicedo, do colectivo de traballadores e como vicepresidente 2º, José Manuel Rosas, patrón maior da confraría de Bueu, do colectivo de empresarios.
A continuación, e de acordo co calendario electoral, o vindeiro luns 13 de outubro darase inicio ao prazo de presentación de recursos sobre a elección destes órganos de goberno da Federación ante a Xunta Electoral, que finalizará o día 15.
O 21 de outubro finalizará o prazo para a resolución de recursos sobre a elección dos órganos de goberno e ao día seguinte farase a súa proclamación definitiva. Por último, para o 23 de outubro está prevista a toma de posesión dos órganos reitores da Federación Galega de Confrarías de Pescadores.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.