Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

15 de octubre de 2014

O BNG INSISTE QUE SE INVESTIGUE A RELACIÓN DA "POKEMON" CON CAMBADOS


Así se desprende do artigo de Víctor Caamaño portavoz do BNG en Cambados en resposta as declaracións feitas polo concello que negan tal vinculación.

PPokemon: aclaracións
En relación á resposta negativa da Alcaldía para crear unha Comisión de Investigación que aclare a vinculación do goberno municipal do PP coa investigación xudicial Pokemon, o BNG  puntualiza varias cuestións:
1.-  A vinculación do PP, no concello de Cambados,  coa operación Pokemon non é un invento do BNG, senón que é froito dunha operación xudicial de Vixilancia Aduaneira que  interveu os ordenadores da empresa “Aquagest” e encontrou información (correos electrónicos) sobre prácticas de enchufismo e recomendación  que vinculan á mencionada empresa co concello de Cambados.  Está é  realidade ata o momento.
2.- A petición do BNG, para a creación da Comisión de Investigación, tiña como un dos obxectivos aportar imparcialidade na aclaración deste caso, polo que consideramos que  as aclaracións efectuadas pola alcaldía carecen da mínima imparcialidade para ser tidas en conta. Neste punto é onde o PP debería dar exemplo, pois posúe un gran número de representantes políticos involucrados en casos de corrupción e non fai nada para demostrar a mínima transparencia que tranquilice á cidadanía, potenciando coa actual  actitude o descrédito xeral dos representantes políticos.
3.- Cando un funcionario municipal fai unha petición en horario do concello, nun ordenador do concello, sobre un traballador do concello e cunha empresa vinculada ao concello por 25 anos,  resulta inadmisible consideralo unha petición a título persoal (como se afirma no escrito de resposta dada ao BNG). Ademais deber quedar claro que no concello de Cambados hai certos  empregados con atribucións políticas que transcenden, de xeito inadmisible, ás súas competencias técnicas de traballador do concello. Por certo, isto non é ningunha sorpresa pois somos coñecedores de que algúns traballadores municipais reciben moitas máis retribucións económicas ca outros sen que, ata o de agora, se aclararan os criterios da razón pola que ocorren estas cousas. Por iso o  BNG esixe saber quen foi o funcionario que fixo a citada petición.
4.- Os representantes do BNG, como concelleiros municipais, posúen dereitos e deberes, e entre eses dereitos está o de dispoñer da información das cuestións que ocorren na xestión do concello para o que foron elixidos democraticamente. Aínda que semella que para o PP, os nosos dereitos como representantes municipais pasan, exclusivamente, por poder presentarnos ás eleccións cada catro anos.

5.- O BNG é sabedor de que cada frase do PP nos medios de comunicación está perfectamente estudada para crear o seu efecto sobre a cidadanía. Así que cando o alcalde  pide que o BNG deixe de vincular a Cambados coa Pokemon, o que realmente está a ocultar é que o PP de Cambados está vinculado xudicialmente coa  Pokemon.
Levamos uns anos de crise e  semella que aínda quedan outros por vir; uns anos vinculados co descrédito de moitos representantes políticos ligados a casos de corrupción.  Vai sendo hora de que as cousas empecen a cambiar e se comece a aplicar transparencia e honestidade nos representantes políticos das diferentes administracións e, sobre todo, é hora de que o PP, partido no goberno, comece a implantar  nova e verdadeira lexislación contra a  corrupción para que esta non se converta nunha norma de actuación. Tristemente, ata o de agora, o PP non fixo nada para que as cousas cambien neste aspecto, máis ben, só se preocupou de  perpetuarse no poder para que as cousas sigan iguais.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.