Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

22 de octubre de 2014

O BNG CONSIDERA INSUFICIENTES AS AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR.




O BNG critica a escaseza de cartos para as axudas para material escolar e critica os criterios e as bases para otorgalas.

No dia de onte, na reunión celebrada pola Comisión Informativa de Educación, aprobouse a adxudicación de axudas municipais para a adquisición de libros de texto e material escolar. No informe a tal respecto, emitido pola correspondente técnica municipal, se mencionaba que o número total de solicitudes presentadas para optar a este tipo de axudas foi de 462; número que mostra claramente a difícil situación económica pola que están a pasar moitas das familias cambadesas. No mesmo informe, tamén se puntualizaba que os 7.000 € asignados a esta partida, nos pasados Orzamentos, permitiron que finalmente so 106 solicitudes, das 462 totais, puideran ser atendidas. Estes datos reflicten a necesidade urxente de aumentar a partida consignada para cubrir este tipo de axudas, pois unha vez analizados o número de solicitudes presentadas e atendidas, ponse de manifesto a escaseza que supoñen os 7.000€, da partida, para atender ás necesidades reais das familias de Cambados.
Así mesmo, debe poñerse de manifesto que as Bases Reguladoras para a concesión deste tipo de axudas publicadas, por primeira vez no B.O.P. nº 114, mostraron diferentes lagoas e contradicións que deben ser subsanadas de cara á convocatoria do próximo curso escolar.


Vista a situación piden que de cara ao vindeiro curso escolar e xa no próximo Orzamento Municipal se incremente, considerablemente, a partida destinada a adxudicación de axudas municipais para a adquisición de libros de texto e material escolar para alumnado de centros docentes públicos de Educación Primaria e Secundaria do Concello de Cambados. Que, así mesmo, sexan melloradas as Bases Reguladoras (publicadas no B.O.P. nº 114)  para a concesión deste tipo de axudas, de xeito que se axusten mellor ás necesidade reais das posibles familias solicitantes.




1 comentario:

Ivan Gonzalez dijo...

Repartirono por orde de presentacion da axuda ou aleatoriamente?

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.