Rafael Louzán gastou máis de 150.000 euros nos medios de comunicación amigos para que publicitaran as etapas pontevedresas de "La Vuelta", dar o bombo necesario aos grandes concertos e nas oficinas de información. Tamén destinou máis de 100.000 euros a concertos e espectáculos de orquestras como a Panorama ou a París de Noia.
Menos gasto que o ano pasado no que o presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, botou a casa pola fiestra. E que só para os gastos de publicidade, mercadotenia, promoción e comidas destinou máis de 296.000 euros. E iso sen contar o custe da famosa batea desde a que saíu a carreira (que se fixo para a ocasión) e o do patrocinio desa edición ciclista.
Case a metade dos cartos foron para medios de comunicación e máis de 26.000 para ceas e caterings. Tamén se gastaron 5.324 euros nun vo fotográfico, 3.412 nun servizo de vídeo entre outros.
Información: GC
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.