En Cambados, a Policía Local identificou ao condutor do vehículo que, a pasada madrugada, ardeu xunto ao Asilo de Anciáns. Pouco despois o vehículo foi identificado e pertence a unha muller de Vilanova de Arousa. Pero que o conducía era un fillo da muller.
Ao parecer, o condutor deuse a fuga tras colidir contra outros dous vehículos no paseo marítimo e abandonar o seu coche que empezou a arder. O incendio afectou a outro vehículo estacionado xunto a el.
Ata o lugar dos feitos trasladáronse efectivos da policía local e tamén os Bombeiros do Salnés, que interviron para apaga-las lapas.
O Audi A-6 rematou completamente calcinado despois de ter sido protagonista dun accidente e dunha fuga polo centro de Cambados. Arredor das 02.00 horas, o vehículo impactaba contra outro turismo no que se atopaban dúas persoas e contra outro coche máis na zona do Paseo marítimo.
O mozo que conducía o Audi non se detivo e continuou o seu camiño polos arredores da vila ata que, por causas aínda por determinar, o coche comezou a arder. Nese momento, os dous ocupantes baixaron do automóbil e fuxiron do lugar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.