Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

3 de septiembre de 2014

O PARO DEIXA REGULARES RESULTADOS




O emprego en agosto deixa boas novas en O Salnés . A comarca do Salnés baixou o número de desempregados en 167 persoas . Estes descensos van en consonancia coas cifras rexistradas en Galicia, que tamén conseguiu reducir o número de persoas que non atopan un emprego. Non así no resto do estado onde sube.
Agosto deixa un balance positivo para o emprego en O Salnés. Durante o último mes, a cifra de parados reduciuse en 167 persoas, aínda que seguen a ser máis de 11.800 as que engrosan as listas do Servizo Público de Emprego.
Pontecesures é o concello que encabeza este descenso, seguido de A Illa e Cambados. As malas novas chegan dende O Grove e Meaño: 52 e 11 veciños perderon o seu emprego durante os últimos 31 días. Por sectores, agricultura e gandería presentan os mellores datos, seguidos da construción.
Durante o último ano, O Salnés conseguiu reducir a lista de desempregados nun 10%. Algo que apena se nota no dia a dia da comarca e sobre todo no dia a dia das familias.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.