Hai uns días podíamos coñecer polos
medios de comunicación a oferta, por parte do concello de Cambados, dalgunhas parcelas no polígono industrial de Sete Pías. Ao
BNG non lle deixan de sorprender ás declaracións de Aragunde ao respecto, cando
afirma que endureceu os criterios respecto a procesos semellantes anteriores
(impostos polo PP, por certo) para evitar especulacións e dar oportunidade aos
interesados en asentarse con verdadeiras intencións de xerar actividade industrial.
Estas declaracións aderézaas dicindo cousas tan obvias como que os terreos son
para quen realmente os necesite ou que se esixirá un prazo para presentar
licenza de obra; pois por suposto! É dicir se lle esixirá aos posibles
peticionarios o que ven esixindo o BNG desde hai case 15 anos; que poña o
polígono industrial de Sete Pías ao servizo do empresariado e non do PP.
O Alcalde fala da nova situación de
adxudicación de parcelas como se na anterior non fora o PP o que deseñou un
polígono industrial carente de servizos e cos requisitos necesarios para ser un
exemplo de especulación en Cambados e no Salnés (neste tema tamén, tristemente,
o PP cambadés foi un referente para toda a Comarca). Pregúntase o BNG porque Aragunde
non criticou nin variou esa situación especulativa ata o de agora. Terá algo
que ver neste asunto a próxima campaña electoral? Seguro que non …, que mal
pensados somos no BNG.
É unha pena que esta medida chegue agora
cando xa quedan tan poucos empresarios grazas, claro está, ás políticas económicas
e fiscais implantadas polo PP para beneficiar aos seus poderosos amigos, entre
eles aos bancos, que de seguro non llo porán doado aos que necesiten cartos
para optar ás citadas parcelas. Acórdase agora o PP, cando leva anos aplicando
políticas e medidas económicas, en Madrid, Santiago e Cambados, que conseguiron
“queimar” a taxas e impostos a autónomos e pequenas e medianas empresas, de que
os empresarios necesitan solo industrial a baixo prezo e con servizos; canta
hipocresía ...
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.