Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

21 de septiembre de 2014

ESTADO ACONFESIONAL? MENTRAS GOBERNE A IGREXA CATÓLICA IMPOSIBLE



 Un estado aconfesional?

A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, trasladouse hoxe ata a localidade coruñesa da Pobra do Caramiñal para participar na procesión das Mortaxas (Divino Nazareno).

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, asistiu aos actos das festas patronais das Dores celebrados na igrexa parroquial.
Dous titulares nas notas de prensa da Xunta hoxe. Nunca serán nin España nin Galicia aconfesionais mentras gobernen os poderes relixioso máis que o poder do pobo e o poder da constitución.
No artigo 16 da Carta Magna dise que...
Garántese a liberdade ideolóxica, relixiosa e de culto dos individuos e as comunidades sen máis limitación, nas súas manifestacións, que a necesaria para o mantemento da orde pública protexido pola lei.

Ninguén poderá ser obrigado a declarar sobre a súa ideoloxía, relixión ou crenzas.

Ningunha confesión terá carácter estatal. Os poderes públicos terán en conta as crenzas relixiosas da sociedade española e manterán as consiguientes relacións de cooperación coa Igrexa Católica e as demais confesións.

Alguén veu a políticos populares españois ou galegos no goberno indo a manifestacións relixiosas que non foran católicas?




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.