O alcalde, Luís Aragunde, defendeu onte a súa xestión trala denuncia presentada polo PSOE ante a Fiscalía de Delitos Económicos polas retribuciones a algúns empregados municipais.
O rexedor defendeuna como legal e lexítimo que os empregados que fagan horas extraordinarias cobren por iso e xustificou o número na "gran cantidade" de actividade cultural, social e deportiva que se celebra na vila, fóra do horario laboral. De feito, considera que a acción do seu portavoz, Fátima Abal, "é unha estratexia para acadar popularidade".
A esto temos que lembrarlle ao alcalde que lexítimo será pero legal agora dictaminarao a Fiscalía. E a popularidade de Fátima Abal subeu enteiros desde que no pleno do xoves a acusara sen motivos e sen razón de insultalo. Por certo tería que escoitar a cantidade de cousas que lle chama a xente ao noso "benquerido" alcalde e o que escoitou na protesta da piscina queda moi suave.
En Pontevedra unha paga de productividade foi denunciada polo PP ao entender que era unha extra encuberta.
Fixo mención á ampla actividade cultural, social e deportiva que se desenvolve fóra do horario laboral e que provoca que "moitos operarios teñan que traballar as fins de semana, en festivos e datas sinaladas como Nadal, Entroido, Albariño, etc. Montando as infraestruturas, palcos e elementos de produción ademais de supervisar as actividades".
O máis complicado pode ser os palcos e escenarios o resto coma poñer a mesa para a merendola dun festival organizado por unha asociación externa non a temos que pagar os cambadeses. Ou ter a oito persoas a mirar unha para as outras cando con tres chegaban, ou non cubrir as prazas que falta por cubris a conta de extras innecesarias e o pobo sen atender.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.