Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

6 de agosto de 2014

UNHA USUARIA DA PISCINA CONTESTA A LUÍS ARAGUNDE




A carta aberta de María Teresa Arenaz en Faro de Vigo sobre a protesta dos traballadores e usuarios da piscina municipal de Cambados íntegra aquí.



Protesta pacífica

Son María Teresa Arenaz Núñez, unha usuaria da piscina municipal e sin pertenencia a ningunha organización política ou sindical e quero manifestar a miña discrepancia cas declaracións do alcalde de Cambados, con motivo da protesta pacífica que traballadores e usuarios da piscina levamos a cabo o día 30 de xullo, coincidente coa inauguración da Festa do Albariño 2014.
Quero puntualizar que non nos convocou ningún Partido nin Sindicato, acudimos de "motu" propio as usuarias e usuarios para reclamar os nosos dereitos a utilizar unha piscina que se pagou e se paga cos nosos impostos.
Os traballadores que acudiron fixérono para reclamar os tres meses de salarios que se lles adeuda.
En ningún momento foi a nosa intención boicotear a Festa do albarió, tan só pretendíamos chamar a atención do goberno municipal sobre un problema que afecta a traballadores e traballadoreas e a más de 400 usuarios que necesitamos, por motivos de saúde e por manternos en forma, que esta piscina continúe funcionando. Queríamos reclamar ó Concello que asuma a súa responsabilidade neste tema como lle corresponde.
Quero tamén mostrar o meu rechazo ás informacións sesgadas de certos medios de comunicación que distorsionan a realidade e fan de portavoces do Alcalde mentras menosprezan á cidadanía que libremente se manifestaba pacíficamente reclamando o dereito ao uso da piscina municipal.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.