Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

19 de agosto de 2014

RENOVACIÓNS E FICHAXES DO XUVEN NA TEMPADA 2014-15






ADVERTISEMENT
Son finalmente cinco os xogadores  que a directiva do Club Xuventude Baloncesto renovou trala exitosa primeira campaña na LEB Prata. 
Co anuncio da continuidade do escolta cubano Taylor García e o pivote madrileño Alberto Rodríguez máis  Juanchi Orellano, Emilio Oubiña,Lucas Vaquero e Javi Cal procedente do "júnior", so queda por ir sabendo os nomes dos novos xogadores que comporán a plantilla do Xuven 2014-15.
As negociacións cun pivot procedente da canteira do Madrid están moi avanzadas e tamén cun ex compañeiro de Emilio Oubiña en Lugo que parece practicamente fechado.
Así as cousas quedarían aínda catro fichaxes por facer, e recordemos que o capítulo do patrocinador non está resolto polo que é necesario pechar enseguida o tema para saber ata onde pode chegar o clube amarelo.

Así as cousas, o Xuven dispón de media ducia de xogadores en plantilla. Tres bases, Juanchi Orellano, Lucas Vaqueiro e Javi Cal, procedente do equipo xuvenil do club amarelo, os escoltas Taylor García e Emilio Oubiña, e Alberto Rodríguez como un interior. As fichaxes, anuncia a directiva cambadesa, anunciaranse á longo desta semana, para contar coa plantilla ao completo o primeiro adestramento oficial da pretemporada, o luns día 25 de agosto.


 Lembrade que os socios teñen unha cita o vindeiro śabado as 12:00 horas en EXPOSALNÉS na Asamblea Ordinaria e que tratará os seguinte Orden do dia:
- informe tempada 2013/14
- rogos y preguntas



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.