Os veciños e visitantes de Vilagarcía fixeron patente o seu malestar coa imaxe que está a dar a capital arousá nas celebracións da Festa da Auga.
Con todo esto non estamos a comparar a Festa do Albariño, (nin con outras doutros puntos de Galicia) onde non se aportan os datos que si se aportan en Vilagarcía, coa Festa da Auga pois tanto nunha coma noutra prodúcense excesos e situacións parecidas.
So chamamos a reflexión de todos e pensemos si esto é o que queremos para as nosas vilas.
99 positivos por alcoholemia (de 1.767 probas) en apenas 12 horas, 146 asistencias hospitalarias e un acoitelamento. Son as cifras de incidencias que deixou este ano a festa da auga de Vilagarcía. Batéronse récords, en alcoholemias, en atención sanitarias e en lixo recollido: 42 toneladas, 10 máis que o ano pasado.
![]() | |
FOTO: ALZA LA VOZ CAMBADOS |
É que no 16 de agosto non só corre auga polas rúas de
Vilagarcía.
Ás intervencións en estrada houbo que sumar as incidencias que se
rexistraron na noite. A máis grave, o acoitelamento dun mozo de 20 anos
na rúa Rosalía de Castro. Ó parecer intentara mediar nunha pelexa e saíu
danado. Foi unha ferida superficial. Non corre perigo.
Tamén se atenderon trece intoxicacións etílicas e
mancaduras como cortes e magoaduras. No hospital rexistráronse 146
atencións en urxencias durante o sábado, a meirande parte por patoloxías
menores.
O resultado de tanta diversión quedou logo plasmado nas rúas. 42
toneladas de lixo recolleu o operativo especial de limpeza na ‘zona
cero’ das celebracións.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.