Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

18 de agosto de 2014

IOGA ENTRE VIÑEDOS









Foto: TVG
Co propósito de achegar a xente á cultura enogastronómica galega a Ruta do Viño Rías Baixas vén de poñer en marcha unha actividade que xunta deporte e relaxación co mundo do viño.
O Pazo de Fefiñáns en Cambados  foi o lugar elixido para levar a cabo unha nova iniciativa da D.O. Rias Baixas  a través da Ruta do Viño Rías Baixas, "Ioga entre viñedos".


'Ioga entre viñedos' ten intención de continuidade en distintos enclaves singulares, aproveitando as instalacións dos socios da Ruta, que ademais de adegas son establecementos de restauración, aloxamentos,...

Tras exercitar o corpo, os participantes na actividade de onte pasaron a mañá visitando o pazo e o bosque e cunha degustación dos viños da adega.
Un entorno  fantástico, en medio da naturezae moi relaxante  para os asistentes. Todo o que sexa facer exercicio en natureza fai o dobre de beneficio.

Para participar nesta e noutras actividades que promove a Ruta, como sendeirismo e kayak, pódese contactar a través da internet, na páxina rutadelvinoriasbaixas.com.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.