Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

18 de agosto de 2014

A XUNTA NON INFORMA DA AUSENCIA DE ROSA QUINTANA






Nunha pirueta máis propio dun circo a Xunta escribe nunha das suas habituais notas de prensa sobre a festa da Ameixa de Carril e faino sen apuntar a ausencia dos dous máximos dirixentes da Consellería do Mar a propia conselleira Rosa Quintana e o director Xeral desta consellería para o mar Juan Maneiro.
A ausencia débese que na confraría de Carril consideran que non se debe invitar a quen non quere saber nada dos problemas que afectan a esta confraría.

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro Domínguez foi nomeada esta mañá Dama da Ameixa no marco da celebración da XXII Festa da Ameixa de Carril. O nomeamento da Dama da Orde da Ameixa outorgase a quen se teña caracterizado pola promoción e difusión da ameixa de Carril, da súa festa, da actividade marisqueira e da propia parroquia.
Esta festa é a primeira vez que se celebra coa distinción de Festa de Interese Turístico de Galicia, declaración que foi outorgada pola súa antigüidade, singularidade, arraigamento e valor cultural tal como recordou Nava Castro.





No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.