Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

7 de agosto de 2014

FEIJÓO REÚNESE CO CAMBADÉS COSTA PILLADO





O mandatario galego, Alberto Núñez Feijóo, reuniuse  co novo presidente do Consello Consultivo de Galicia, o cambadés José Luis Costa Pillado, logo de que a pasada semana fose publicado o decreto do seu nomeamento no Diario Oficial de Galicia, concretamente, o mércores 30 de xullo.
Durante o encontro, tanto o titular da Xunta como o presidente do Consello Consultivo, puxeron de relevo a recente reforma da institución, que ten permitido que o Parlamento galego elixise unha parte dos seus conselleiros, por primeira vez na súa historia. Ademais, ambos coincidiron en que a lei que mudou os criterios de denominación dos integrantes deste organismo -de tal xeito que a maioría deles sexan elixidos pola Cámara galega-, tamén permite avanzar un chanzo máis na súa profesionalización, ao promover perfís máis relacionados co dereito público.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.