Unha vez interrogado o veciño de Cambados non supo confirmar o que nun primeiro momento dixera sobre o vehículo que ocupaban os presuntos secuestradores. Nun primeiro momento e como reflexa o blog "A ti meu Cambados" o home confirmara a cor da furgoneta que ocupaban tres homes en concreto gris era a cor segundo a sua testemuña e os derradeiros números da matrícula "005" cousa que ao fin non puido confirmar.
Malia todo a Garda Civil segue coa sua investigación co fin de aclarar o sucedido.
De todas maneiras e sexa como sexa o remate desta historia toda precaución cos nosos fillos é pouca.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.