O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, compareceu esta mañá no Parlamento onde deu conta dos datos do operativo de loita contra o furtivismo e o marisqueo ilegal no que colaboran o equipo especializado da Policía Autonómica (Erpol) e o servizo de Gardacostas da Xunta.
A comparecencia foi máis ven un acto de propaganda, tralo escoitado. "O bo traballo da Xunta coa colaboración dos corpos de seguridade......"
Si a Xunta tivese feito mellor o seu traballo a xente non tería que mariscar de maneira furtiva. Desta vez a culpa non foi nin de Zapatero nin do bipartito.
O director xeral recordou que estas actuacións enmárcanse dentro da activa colaboración que a Policía Autonómica vén desenvolvendo con distintos departamentos da Consellería do Medio Rural e do Mar, sobre todo no que atinxe á loita contra o furtivismo e marisqueo ilegal.
Ademais do marisco comisado, os axentes policiais realizaron más de 800 incautacións de material, entre os que destacan útiles de faena como anzois, palangres, lanternas, restrelos, sachos e caldeiros entre outros, así como traxes de neopreno, pranchas de poliexpán, nasas e mesmo un total de 24 embarcacións e vehículos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.