Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

17 de junio de 2014

O CCG ANALIZA A PROTECCIÓN DE VILAS MARIÑEIRAS TURÍSTICAS



Rinlo, Muros, Combarro e Cambados.

As vilas costeiras son moito máis que ese destino turístico ou lugar de vacacións. Son o 15 por cento da superficie do noso país e concentran máis da metade da poboación. O turismo, os intereses económicos e a presión demográfica acabaron por exercer un impacto nos espazos naturais e naqueles territorios con valores culturais como son os Conxuntos Históricos. Xeógrafos, arquitectos, paisaxistas, historiadores e especialistas nestas materias debaterán a situación desta realidade tomando como exemplos os casos de Rinlo, Muros, Combarro e Cambados. Iago Seara e Rafael Vallejo coordinan o seminario Os conxuntos históricos no borde marítimo galego que terá lugar no Consello da Cultura Galega os días 1 e 2 de xullo. Ten aberto o prazo de inscrición e conta con cen prazas. 
As  características de Cambados, caso que pecha as intervencións da primeira sesión, e que ten o feito diferencial do interese económico das industrias do mar e da pesca que condicionan este espazo. Será Javier Montero Pérez, técnico municipal da Área de Rehabilitación Integral quen explicará o caso de Cambados.




Máis info aquí



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.