Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

4 de junio de 2014

DON ERRE QUE ERRE. BENITO DA "SIERTA PENA"





A poucos días de que peche o prazo para a presentación das candidaturas ás eleccións das confrarías, o proceso estase a desenvolver con normalidade. Benito González, patrón de Cambados, anunciou onte que se presenta.
A pesares de non contar co apoio do PP que ve a Pelea coma un lastre, el "pa'diante".
A pesar de non ser querido pola maioría tanto a nivel local como galego, el "pa'diante".
A pesar dos procesos xudiciais pendentes ou por vir, el  "pa'diante".
A verdade é que da "sierta pena" ter certos persoaxes metidos en cargos públicos.

Coa vista posta nas eleccións do 28 de xuño, o proceso de presentación das candidaturas nas distintas confrarías está a desenvolverse con normalidade. Iso si, non faltan problemas puntuais, que xa deixaron reclamacións nos pósitos de O Grove, Cambados, Carril ou Noia.
Varias son as confrarías, como Aguiño, Ribeira, Carril ou Vilaxoan, nas que veremos caras coñecidas entre os seus candidatos, con patróns que optan á reelección. É o caso de Cambados.

Benito González destacou a importancia destes comicios, celebrou que haxa participación e recalcou o importante papel que vai xogar a xuventude para o futuro do sector. Por iso asegurou que o equipo que presentará na súa candidatura mesturara xente nova e outra con experiencia.

O prazo para a presentación das candidaturas permanecerá aberto ata o día 19, cando se fagan públicas as candidaturas definitivas. Os comicios celebraranse o 28, despois dunha semana de campaña electoral.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.