As
Xuventudes Socialistas de Cambados reivindicaron onte o seu talante
republicano, como historiacamente vén recollido nos estatutos de
Juventudes Socialistas de España, co motivo da abdicación do Rei Juan
Carlos I.
“A defensa da República como modelo de Estado forma parte da
nosa identidade política”. “O recordo dos logros alcanzados no pasado,
especialmente durante a II República, é algo que nunca esqueceremos”.
O
Secretario Xeral, Ismael Agra, indicou que “a República debe congregar
en torno a ela a todo o espectro político, de esquerdas ou dereitas”.
“Debe ser un punto de encontro e convivencia cidadá, un espazo común no
que non existan suspicacias nin reproches, senón o compromiso do bo
goberno e da virtude cívica, características básicas do republicanismo”.
Ismael
Agra denunciou que “mentres na actualidade en España o xefe do Estado o
é por nacemento, a súa persoa é inviolable e non está suxeita a
responsabilidade, defendemos unha República na que o xefe do Estado sexa
elixido por sufraxio universal e non goce de privilexios inxustos”. “A
xuventude galega non se sente identificada coa Monarquía porque non
forma parte de quen aceptou o seu establecemento, polo que ten dereito a
decidir en referendum sobre o futuro do modelo de Estado”.
O
Secretario Xeral aproveitou para “valorar positivamente as declaracións
do líder do PSdeG, Xosé Ramón Gómez Besteiro, que amosou a súa vontade
clara e rotunda de escoitar á cidadanía”. Palabras que son defendidas
polo PSdeG de Cambados.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.