Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

19 de junio de 2014

CONCENTRACIÓN CONTRA A MONARQUIA







As organizacións políticas e sindicais que se relacionan ao final, acordaron lanzar unha convocatoria cidadá para mañan xoves, día 19 de xuño, o día da proclamación de Felipe VI, as 20.30 Horas na Praza de Galiza – en Vilagarcía de Arousa.

Sumámonos así a outras convocatorias que terán lugar noutras vilas galegas, baixo o lema “Galiza pola república e polo dereito a decidir”. As organizacións acordamos sumar forzas fronte a unha monarquía en descomposición, contra a sucesión sanguínea, e para rexeitar o proceso aberto para coroar nun tempo record ao sucesor. Esta convocatoria resposta tamén a unha demanda da cidadanía, que será a protagonista da concentración, e a que non podíamos defraudar nun momento así.

No acto procederase á lectura dun manifesto.

Recoñecendo que entre as organizacións hai diferentes posicións “dende procesos constituíntes nas nacións do estado ata o referendo” si afirmamos que todas e todos compartimos a esencia das demandas explicitadas no manifesto; basicamente a necesidade de que a cidadania sexa consultada de forma democrática sobre o modelo de estado no que querer vivir.

E por isto polo que facemos un chamamento aos veciños e veciñas de Vilagarcía de Arousa e do Salnés a atender esta convocatoria unitaria e participar desta concentración cívico cidadán. Como afirma o propio manifesto “É hora de manifestar ese sentimento republicano e de defensa da democracia”


• Comisións Obreiras (CCOO)
• Conferencia Intersindical Galega (CIG)
• ANOVA – Irmandade Nacionalista.
• Bloque Nacionalista Galego (BNG)
• Espazo Ecosocialista Galego.
• Galiza Nova
• Izquierda Unida – Esquerda Unida (IU-EU).
• PODEMOS.
• Xuventude Comunista Galega.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.