Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

6 de junio de 2014

A DEPUTACIÓN VAI A ARRANXAR VARIAS ESTRADAS DO SALNÉS








A Deputación de Pontevedra convocou hoxe o anuncio de contratación de obras de desbroza en 335 quilómetros de 60 estradas provinciais por un importe total de 742.260 €, divididos en 3 lotes.

Os citados lotes corresponden ás estradas incluídas nas zonas norte, centro e sur da provincia. Cada un deles ten un orzamento de licitación de 247.420 euros e inclúe a limpeza e desbroza do entorno das devanditas estradas dende o punto de vista do drenaxe. Este concurso hoxe anunciado verase complementado con outro plan de máis de 2 millóns € para reforzar e axeitar o firme, sinalizar, etc.
A través do concurso hoxe convocado limparanse cunetas e marxes das estradas, rozando a vexetación que dificulta o tránsito polas beiravías e limita a visibilidade de peóns e tráfico rodado. Ademais, realizaranse labores de perfilado das cunetas, desatascaranse as canalizacións e retirarase a broza, terra e restos de vexetación que se acumula nas beiravías e nos canles de recollida de augas.
As estradas do Salnés que van a ser limpadas e que pertencen a zona centro son as seguintes:

 Tremoedo-Tragove
Ribadumia-Leiro
Vilanova-Pontearnelas
Fefiñanes-Oubiña
Bouza-O Facho
Sanxenxo-Bordóns-Samieira
Portonovo-Vichona
Noalla-Aios
Gallas-Armenteira 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.