Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

2 de mayo de 2014

OS ERROS DA FESTA DA BICICLETA










A pesar do que diga a prensa e dos que "copian" a prensa para escribir os artigos temos que decir que, sendo un éxito de participación coma outros anos, "A FESTA DA BICICLETA" de Cambados ten erros. Bastantes erros.


En primeiro lugar desde o Concello, nos carteis e nos medios sinalábase a obriga de levar o casco para participarna marcha lúdico-festiva. Pois ben calculamos que un 20% dos participantes non levaban o casco. Unha forma de fomentar o seu uso sería deixar sen opción de participar nos sorteos a todo aquel que non o leve. Eso sí, a picaresca ía a funcionar.
Como sinalamos noutros artigos, hai xente que non usa a bicicleta ou non a ten pero ese dia fai uso dela para acompañar a os seu netos ou fillos a marcha e que cumprindo co que se pedía non foi no pelotón. Moita xente quedou por Fefiñáns e arredores.
Nas fotos veredes cantidade de xente sen o casco algúns deles membros da executiva local do PP.
Outro detalle que o concello anunciou "a bombo e platillo" foi que os máis pequenos gozarían dunha zona de xogos na praza de Fefiñáns mentras se celebraba a marcha. Pois na-nai de la China.

Estamos acostumados a que os políticos incumpran as promesas e programas electorais polo que xa nada nos extrana.

Polo que respecta a marcha poucas incidencias, agás varia caídas sen feridas importantes.

A praza mentras se celebraba a marcha












2 comentarios:

Anónimo dijo...

Moitas paradas, demasiadas. Os nenos abúrrense e cánsanse de tanto esperar.

CORES DE CAMBADOS dijo...

As paradas son obrigadas para non cortar a carreteras xerais máis tempo do debido. A solución sería que o coche que vai diante e os policías locais foran máis a modo para evitar que o grupo fose estirando. No camiño do Castro estiveron 15 minutos ou máis ata que se agruparon e despois en Corvillón e algún máis penso.

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.