Debuxo feito por Castelao |
Rodríguez Castelao tivo unha relación de amizade estreita con diversos artistas arousanos do seu tempo. Así, por exemplo, estivo moi preto de Manuel Pesqueira Salgado un pintor de Meis, Ramón do Valle Inclán ou Ramón Cabanillas.
Castelao foi profesor de Debuxo de Pesqueira, e ambos eran membros do coñecido faladoiro do café Moderno, en Pontevedra. O rianxeiro tamén foi un dos padrinos políticos de Pesqueira, e de feito participou en varios mítines políticos celebrados en Meis durante a década dos anos trinta.
A Armenteira é, probablemente, o escenario máis ligado a Castelao. O político e escritor deixouse seducir pola lenda do soño de 300 anos do Santo Ero e visitou o monasterio en numerosas ocasións. De feito, Castelao recolleu a lenda dos ladróns de Rianxo que mataron a un frade durante un asalto ao cenobio meisino. Segundo esta historia, os ladróns non só perderon todo o seu botín de regreso a Barbanza, senón que levaron consigo unha maldición.
Castelao tamén foi amigo de Valle Inclán. De feito, encargouse do deseño da escenografía de varias representacións de obras do vilanovés. Cando morreu Valle, o rianxeiro foi un dos que portou o seu ataúd, e posteriormente dixo del en Bos Aires que era "o artista contemporáneo máis importante de Galicia".
Hotel Calixto |
Ao morrer Castelao, en 1950, Cabanillas compuxo no seu honor uno dos seus poemas máis coñecidos. Titulábase "Irmán Daniel".
José Antonio Durán conta na súa "Historia de caciques" que Castelao tiña 26 anos cando visitou en Cambados ao Marqués de Figueroa "dono do pazo de Fefiñáns? para agradecerlle o apoio que este dera ao "Barbero Municipal", un semanario de Rianxo enfrontado ao cacique Viturro. Era 1912. Dez anos despois, o rianxeiro estivo outra vez na localidade, con motivo dunha multitudinaria comida de homenaxe ao escultor Francisco Asorey. A relación de Castelao con Cambados tamén é coñecida polo seu cadro "Ou cego de Padrenda", que foi un personaxe real de principios de século. Eugenio Padín era un veciño de Meaño que se converteu nunha celebridade a principios do século XX, e Castelao o inmortalizó nunha pintura que durante moito tempo estivo exposta no desaparecido hotel Calixto "na praza do concello"(na foto de enriba un debuxo feito por Castelao para publicitar o hotel) e que hoxe se conserva no Museo de Pontevedra. Castelao tamén debuxou unha tarxeta publicitaria de presentación para este hotel.
Cadro do cego de Padrenda |
Este artigo foi escrito en base a datos aportados por xornais e blogs que a súa vez dispuxeron do testimonio e a axuda de Xoán Antonio Pillado, ex-alcalde de Cambados, José Antonio Durán, escritor i experto en Castelao, Antonio M. Chaves Cuiñas e datos recollidos no grupo de facebook "Fotos de Cambados".
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.