Mañán sábado, ás 12 horas do mediodía, o
Concello presenta unha nova motivación para gozar coa lectura e mais cos
libros. A actividade convértese nunha homenaxe ás nais, na véspera do
seu día, e consiste nunha sesión de bebeteca sensorial da man da
experimentada contadora de historias Charo Pita. Vaise celebrar na
biblioteca Casa dos Fraga, e chega a través do programa Ler Conta Moito
da consellería de Educación e Cultura da Xunta.
Palabras, trabalinguas, historias, algún silencio, libros, xogos co corpo, cancións arrolantes, sons sorprendentes, e todo un triquitraque (ou un traquetriqui) para que -na biblioteca- os que dormen no berce tamén poidan gozar coas historias no colo daquelas (e daqueles) que ben os queren.
Dada a singularidade deste contacontos para bebés, recoméndase inscribirse previamente dado que as prazas limítanse, para un mellor desenvolvemento da actividade, a 25-30 bebés de 0 a 3 anos (preferentemente) acompañados dun adulto.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.