Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.
CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.
6 de mayo de 2014
OS DATOS DO PARO DAN UN PEQUENO RESPIRO
Agora virán desde o goberno de Madrid e tamén de Santiago a decir un éxito máis das políticas do PP. Esto sería así cando as baixadas non sexan estacionais (Semana Santa) e nos vindeiros meses siga a progresión positiva. Temos ante nos a época de verán que axudará ao aumento de emprego. Pero despois do verán virá o outono. Os datos positivos poden mudar a negativos.
Aínda así os datos non son moi malos e son os que son.
O paro baixou o mes pasado en máis de 111 mil persoas, o que representa a maior caída nun mes de abril de toda a serie histórica.
O desemprego reduciuse en tódalas comunidades. En Galicia son 6.319 parados menos. É un 2,29% menos có mes anterior.
En Galicia estaban no paro o mes pasado 270.144 persoas.
Respecto a abril do ano pasado o paro reduciuse en preto de 205 mil persoas en toda España.
A seguridade Social gañou preto de 134 mil afiliados en abril respecto a marzo. Supón un aumento do 0,82%, segundo os datos publicados polo Ministerio de Emprego.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.