Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

23 de mayo de 2014

O CAMBADÉS QUE ROZOU A COPA DE EUROPA






A traxectoria e o palmarés futbolístico de Manuel Pazos González (Cambados, 1930) convértelle nun dos deportistas máis destacados de Galicia. De corretear por Fefiñáns e xogar no campo da Mercé pasou a ser convocado pola selección española ou a disputar a Copa de Europa.

Ao longo de 19 tempadas e mais de 400 partidos defendeu a portería de cinco equipos da primeira división: Celta, Real Madrid, Hércules, Atlético de Madrid e Elche. Pero a lonxevidade é soamente un dos seus moitos méritos. Os seus títulos e os seus feitos asombran aínda hoxe.

Foi campión de liga co Real Madrid, aquel que arrasaría en Europa nos anos posteriores e onde compartía alineación e vestuario con nomes míticos como Di Stéfano, Gento, Miguel Muñoz ou Molowny. O equipo base da tempada 1953-54 formou con: Pazos, Navarro, Oliva, Lesmes, Muñoz, Zárraga, Joseíto, Olsen, Dei Stéfano, Molowny e Gento.

Pero iso foi só o comezo. Logo dun ano de cesión ao Hércules, motivado por infundados rumores de indisciplina, fichou polo Atlético de Madrid en mayo de 1955 por 800.000 pesetas das de entón.

Recopa de Europa

Co Atléti sería dúas veces campión da Copa do Generalísimo, campión da Recopa de Europa, dúas veces subcampeón de liga e en 1959 chegou ata ás semifinais da Copa de Europa na que foron eliminados nun duelo fratricida co Real Madrid. Pazos chegou a ser internacional B coa selección española, debutando nun encontro en Valencia ante Luxemburgo. Foi convocado á selección A, sendo suplente de Ramallets.

Ao longo da sua dilatada carreira, Manuel Pazos xogaría partidos históricos e memorables. Foi titular nunha final de Copa que o Atléti perdeu ante o Bilbao en 1956 e xogou o primeiro partido do equipo colchonero en Europa, fronte ao Drumcondra irlandés.

Naquela Copa de Europa de 1959 eliminarían ao Drumcondra, ao CDNA de Sofía, ao Schalke 04 e finalmente en semifinais atoparíanse co Real Madrid. Nunha eliminatoria épica necesitouse un partido de desempate, xogado en Zaragoza o 13 de maio. Di Stéfano marcou o 1-0 para o Madrid. Empató Colar tres minutos máis tarde e só un penalti marcado por Puskas no minuto 40 puido eliminar a aquel extraordinario Atléti. Pazos chegou a tocar aquel balón.

Trala súa etapa rojiblanca, aos 32 anos, ficha polo Elche e no equipo ilicitano permanecería aínda sete tempadas mais rendendo a un altísimo nivel. Retirouse aos 39 anos e hoxe en día, figura na web do Elche no seu once ideal, como o mellor porteiro da historia do club.

O 28 de novembro de 1962, o Concello de Madrid entregou ao Atlético a Medalla ao Mérito Deportivo por gañar a primeira edición da Recopa de Europa.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.