Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.
CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.
8 de mayo de 2014
MANUEL NÚÑEZ PREMIO CABANILLAS 2014
O VINDEIRO 16 DE MAIO "XI PREMIO RAMÓN CABANILLAS".
NO ACTO HABERÁ UNHA REPRESENTACIÓN TEATRAL: "RECORDATORIO SAMONENSE PRA DON RAMÓN CABANILLAS", DE FIZ VERGARA VILARIÑO(TEATRO DO GARAXE).
DESPOIS DO ACTO, NO RESTAURANTE A TRAIÑA, CEAREMOS CO AUTOR PREMIADO. O PREZO É DE 20 EUROS POR PERSOA.
O DÍA 17 DE MAIO CELEBRAREMOS A FEIRA DAS LETRAS GALEGAS, ESTE ANO NA PRAZA DE ALFREDO BRAÑAS, DE 11,00 A 14,00 HORAS.
ESTARÁN ASINANDO LIBROS A PARTIRES DAS 12,00 OS ESCRITORES MANUEL NUÑEZ E RAMÓN CARIDE.
COMA TODOS OS ANOS O PREMIO RAMÓN CABANILLAS É CONCEDIDO POLAS LIBRARÍAS CONTOS E CABANILLAS DE CAMBADOS.
De Manuel Núñez non hai moito que falar pois case todos os cambadeses coñecédelo polo seu traballo coma maestro. Ven como alumnos, pais ou como integrantes da comunidade escolar. Aínda que non naceu en Cambados leva máis de media vida no noso pobo polo que temos que consideralo un cambadés máis.
A sua faceta de escritor e algo máis descoñecida pero é autor de traballos coma, “Os ríos, A vide e o viño, O pan -Enciclopedia Temática”, “Árbores de Galicia”, “Montañas de Galicia”, “Augas Caídas, fervenzas de Galiza”, “A costa de Galiza”, “Os ríos”. “Galiza-O Agro”, “Árbores de Galiza”, “Galiza-A Natureza”. Edicións A Nosa Terra.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.