Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

15 de mayo de 2014

A C.I.G. DENUNCIA OUTRO CASO DE DESPILFARRO NA XUNTA




Mentres, máis de 1.200 mozas e mozos investigadores do noso país emigraron nos últimos dous anos............
A consellería de Economía e Industria vén de propor a modificación da relación
de postos de traballo (RPT) da Axencia Galega de Innovación (GAIN) introducindo a creación de 2 novos postos de persoal directivo (Director/a da Área de Servizos e Director/a da Área de Centros) e a conversión dun posto de persoal funcionario noutro posto de directivo adicional (Director/a da Área de Programas). Con estes dous novos postos de persoal directivo, a Xunta vai detraer do orzamento dedicado ao I+D+I ao redor de 200.000 euros anuais.
 
Así o denuncia o sector da Autonómica da CIG-Administración que considera que hai unha “total e absoluta” opacidade no financiamento deste gasto xa que “a consellaría se nega a facilitarnos a memoria económica”.
O sector da Autonómica ten sospeitas “fundadas” de que a creación destes dous novos postos de persoal directivo é froito da “necesidade” de colocar a parte do ex-persoal directivo próximo ao Partido Popular que provén da extinta Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia, un dos cales xa traballou no pasado no Gabinete de Industria do goberno Fraga.

Explica que a figura do persoal directivo resulta polémica non só polo seu custo senón tamén polo feito da súa escasa regulación (art. 79 da LOFAXGA) que “permite poder engordar a Administración de xeito discrecional sen mecanismos obxectivos que garantan o coñecemento da materia e o funcionamento da Administración pública”, afirma.
Para o sector da Autonómica a creación deste tipo de postos cuestiona a manida austeridade da que o goberno do PP fai gala continuamente. “Mentres máis de 1.200 mozas e mozos investigadores do noso país emigraron nos últimos dous anos, non lle importa a Xunta detraer cartos do exiguo orzamento do I+D+i galego para crear postos de designación política”.
Ao tempo, con esta proposta tamén “pon en dúbida a capacidade das traballadoras e traballadores públicos dispoñíbeis que semella que non están cualificados para asumir tarefas de responsabilidade e dirección”, engade.
“Este é o modelo de administración que propugna e defende o goberno da Xunta de Galiza , unha administración corrupta, non ao servizo da cidadanía, senón ao servizo dos intereses dos amigos”, conclúe.



Fonte: C.I.G.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.