As augas aínda non son nin cristalinas nin inodoras. O cocedoiro de bonito ten varios expedientes abertos e sancións por este motivo. As mariscadoras quéixanse das perdas que lles supón. Nesa zonabótase ameixa fina e xapónica. Págana do seu peto e pérdese toda.
O interior da enseada é moi sensible porque é unha zona pechada e con pouca profundidade. O Instituto Tecnolóxico do Mar leva tempo analizando a contaminación deste polígono. Con tanta vertedura, na confraría temen que se acabe pechando. O suceso é gravísimo porque na zona traballan 400 mariscadores a pé e 50 con embarcación que se verán moi prexudicados se se pecha a zona interior da enseada.
A confraría do Grove estuda denunciar o suceso para evitar que volve acontecer. O Concello de Cambados está á espera do informe da concesionaria.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.