XA COSTOU A SUA CONTRUCCIÓN A AGORA PODEN TRAER MÁIS GASTO AOS GALEGOS
Segundo explicou Vázquez, a situación ven dada en boa parte polas caídas de tráfico en ambas infraestruturas, de xeito que as intensidades medias diarias (IMD), en base ás que se establece o canon de demanda que a Xunta aboa anualmente ás concesionarias, teñen o seu efecto directo en que as empresas non logran os ingresos suficientes para facer fronte aos gastos financeiros derivados da construción e explotación da autovía.
Ethel Vázquez asegurou que A Xunta de Galicia está a analizar este problema, as consecuencias de que as concesións entren en concurso de acredores, así como as alternativas para que isto non suceda.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.