Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

23 de abril de 2014

UN MES DESPOIS A POLICÍA RECÚA






Imaxe de Onda Cero
O director xeral da Policía, Ignacio Cosidó, comparecerá hoxe no Congreso para explica-los incidentes acontecidos nas chamadas "Marchas da Dignidade" do pasado 22 de marzo, que remataron con máis de 100 feridos, a metade deles policías.

Os feitos deran lugar á apertura dunha investigación interna. Cosidó comparece diante da Comisión de Interior a petición propia, se ben tanto o PSOE como a Izquierda Plural esixiran xa a comparecencia do máximo responsable da Policía para que aclarase se houbo erros na operación.

"Resistencia Galega está tras los incidentes más graves del 22-M", titulaba o diario El Mundo o 25 de marzo. Este titular é só un exemplo da ofensiva mediática que culpou a galegos dos disturbios tras as marchas da dignidade.

Outros medios como ABC, El País ou a Cadena Ser tamén situaron a Resitencia Galega no punto de mira, citando fontes policiais sen identificar que falaban de "radicales próximos al independentismo gallego". Isto sucedeu malia a evidencia que as organizacións máis independentistas do país mantivéronse completamente á marxe desta mobilización.

Agora é a mesma Policía Nacional quen desbota a participación desta organización, segundo datos publicados este serán por varios medios de comunicación. O Ministerio do Interior filtrou hoxe que mañá o director xeral da Policía presentará probas que culpan dos incidentes a manifestantes de ideoloxía anarquista. En concreto a grupos insurrecionalistas vencellados co  Comando Insurreccionalista Mateo Morral, desmantelado o ano pasado tras unha bomba na Basílica do Pilar en Zaragoza.


Dos dezasete detidos na capital do Estado, unicamente un era galego(outros dous identificados). En concreto, un mozo do Carballiño que denunciou malos tratos durante o día que estivo detido antes de ser libertado sen cargos.

Culpar a Resistencia Galega dos incidentes serviu para afastar o foco de atención sobre a polémica actuación da policía o 22M. Varios sindicatos policiais alertaron da improvisación do dispositivo de seguridade.

Os servizos de emerxencia dixeron que máis de 100 persoas, a maioría policías, resultaron feridas tras os incidentes daquel domingo. Un dos 17 detidos segue en prisión, acusado de intento de homicidio a un antidisturbios.





No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.