Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

30 de abril de 2014

ADXUDICADAS AS POUSADAS DO SALNÉS A UN AMIGO DE RAJOY




A empresa non concurreu a primeira convocatoria para establecer a adxudicación.
Hotusa xestionará as Pousadas do Salnés. O grupo catalán con presenza en máis de 50 países foi o elixido pola Deputación de Pontevedra para dirixir as catro Pousadas durante un período de 12 anos, polo procedemento de contratación negociado.


A cambio desta adxudicación Hotusa-Eurostars pagará un canon anual correspondente ao 12% dos seus beneficios.
Non obstante as Pousadas non abrirán ao público ata finalizar o verán. É dicir, dous meses despois do seu amoblamento, unha circunstancia que aínda non se produciu e para a que a institución provincial destinará 1,4 millóns de euros. Esta elevada partida esixe a publicación no Boletín da Comunidade Europea o que atrasa todo o proceso.

Dende o grupo provincial do PSdeG, que votou en contra, o deputado e exalcalde de O Grove, Jose Antonio Cacabelos, calificou esta obra coma "o Gaiás de Louzán" en referencia ao "desproporcionado custo destes hoteis de máis de 17 millóns de euros" y salientou que Amancio López Seijas "e un compañeiro de pupitre e amigo persoal de Mariano Rajoy".

Pola súa banda, os deputados do BNG, que se abstuveron recordaron que "son cartos públicos, así que por nos non vai quedar", dixo o voceiro César Mosquera, polo que desexou "que haxa sorte e a empresa teña éxito na súa xestión pois do caso contrario redundaría negativamente nos pontevedreses".






No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.