A delegación de técnicos desprazarase a Pontevedra para analizar e comproba-las infraestruturas, adegas e estruturas vinícolas da provincia. Na súa visita, organizada pola Deputación de Pontevedra, percorrerán entre hoxe e mañá adegas como a do Pazo Baión, a do Pazo de Fefiñáns, o Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas e tamén a Praza de Abastos da cidade.
O Concurso Mundial do Viño de Bruxelas celebrouse por vez primeira na cidade de Bruxas en 1994. Dende aquela pasou por cidades europeas como Lisboa, Bordeos, Luxemburgo, Guimaraes e Bratislava.
Rafael Louzán recibe, as 14:00 aos organizadores da XXI Edición do Concurso Mundial de Bruxelas 2015 con motivo da presentación da candidatura da Deputación para ser a institución anfitrioa do evento.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.