Este Primeiro de Maio, Día Internacional do Traballo, vén marcado polas políticas de austeridade que impuxo de forma autoritaria a troica —Comisión Europea, Banco Central Europeo e Fondo Monetario Internacional— e que só provocan paro, desigualdade, pobreza e recorte de dereitos sociais e laborais, amais da deterioración do sistema de protección social. A crecente inxustiza na distribución da riqueza e a progresiva perda de dereitos a escala global confirman a necesidade de abandonar o neoliberalismo salvaxe —que se está mostrando incompatible coa democracia— e substituílo por un novo modelo económico ao servizo das persoas.
CCOO e UGT reivindican outra política europea, un novo rumbo para os traballadores e traballadoras europeos; unha política que garanta unha saída da crise. Defendemos un crecemento alicerzado nun modelo produtivo máis eficiente e sostible, que impulse a creación de emprego de calidade garantindo, en primeiro lugar, o financiamento da economía real.
MANIFESTACIÓNS (lugares e horas de saída)
A Coruña
praza da Palloza ás 12:00
Ferrol
praza do Inferniño ás 12:00
Santiago de Compostela
Alameda ás 12:00
Lugo
sede sindical (rolda da Muralla) ás 12:30
Viveiro
casa sindical ás 12:30
Ourense
pavillón dos Remedios ás 11:30
Vilagarcía de Arousa
praza de Ravella ás 12:00
Pontevedra
praza da Peregrina ás 12:00
Vigo
cruzamento Vía Norte/Urzáiz ás 11:30
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.