Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

29 de abril de 2014

A DEPUTACIÓN AXUDA AO ENCHUFISMO



Agora xa sabemos por onde ven o lio da semana pasada en Cambados.


Un total de 192 traballadores incorpóranse nestes días ao cadro de persoal dos concellos das comarcas de Caldas e Salnés, ao abeiro do Plan de Emprego posto en marcha pola Deputación de Pontevedra e que permitirá a contratación duns 800 traballadores desempregados en toda a provincia, cun investimento global que supera os 3 millóns de euros.


No caso dos nove concellos que integran a comarca do Salnés, a Administración provincial acordou a concesión de subvencións por un importe total de 531.098,76 euros destinados á contratación de 117 operarios.
Deles, 17 corresponden ao concello de Vilagarcía de Arousa, único concello da comarca que supera os 20.000 habitantes e que, en consecuencia, percibirá, tal e como recolle o Boletín Oficial da Provincia de hoxe, 71.091,96 euros.
Pola súa banda, os concellos de Cambados, O Grove, Sanxenxo e Vilanova de Arousa están a contratar neste mes de abril a un total de 15 operarios cada un, cunha achega da Deputación de 62.728,20 euros.

Finalmente, os concellos de A Illa de Arousa, Meaño, Meis e Ribadumia reciben 41.818,80 euros cada un, o que lle permitirá sufragar o custe salarial de 10 operarios por concello.

Máis información: MÁIS QUE PALABRAS POR UN POSTO DE TRABALLO


1 comentario:

Anónimo dijo...
Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.