Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

29 de abril de 2014

VARIACIÓNS NA FESTA DA BICICLETA PREVISTA PARA O 1 DE MAIO






A XXIII edición da Festa da Bicicleta, que se vai celebrar este xoves, vai introducir lixeiras variacións no trazado que percorrerá arredor de 9 quilómetros, fronte ós 11 que viñan sendo habituais. O multitudinario pelotón desta Festa concentrarase antes das 11 horas na praza de Fefiñáns, para partir media hora despois e realizar un percorrido por diversas rúas de Cambados, San Tomé, Santa Mariña, Vilariño, A Modia, Corvillón e Tragove con remate de novo na praza de Fefiñáns.
A variación máis salientable prodúcese ó chegar á Pastora, onde o pelotón seguirá por rúa do Castro, en lugar de facelo por detrás do monte. Ó chegar ó cruce con avenida de Vilariño, os ciclistas seguirán de frente por A Pedreira cara a Burgáns para despois baixar por A Modia e xirar cara a Refoxos, na parroquia de Corvillón. Finalmente, o pelotón enfiará a variante do Salnés e volverá a Fefiñáns dende o cruce do Instituto Cabanillas facendo a entrada por debaixo do arco da praza.
A organización da Festa da Bici agarda igualar ou superar os 2.500 participantes nesta edición que vai promocionar unha vez máis o saudable deporte da bicicleta. A organización entregará un dorsal a cada participante e, ao remate do paseo, sortearánse 5 bicicletas, cascos e material deportivo de calidade (coulottes, impermeables, etc.). Todos os participantes deberán acudir a esta xuntanza co casco de seguridade obrigatorio
Como sucede en todas as edicións, entregaránse catro trofeos: á familia máis numerosa, á bicicleta máis orixinal, ó participante de maior idade e ó ciclista máis novo. A organización conta coa colaboración de diversas casas comerciais, ademais da inestimable axuda da Policía Local, Protección Civil e Club Ciclista Cambadés.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.