Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

14 de marzo de 2014

OS VIÑOS RIAS BAIXAS PROTAGONISTAS EN MADRID




O CRDO Rías Baixas protagonizou unha cata de viños no Salón Internacional do Club Gourmets, dentro do Aula de Cata do stand da Consellería do Medio Rural e do Mar.
Máis de 30 persoas participaron na degustación dos tres viños premiados na cata concurso da Festa do Albariño de 2013, e que foi dirixida polo secretario xeral da denominación, Ramón Huidobro.
As marcas Esencia Diviña, de Adegas Gran Vinum; Valtea, de Bodegas Vilarvín, así como Paco e Lola, de Cooperativa Vitivinícola Arousana, foron degustadas con produtos de PescadeRías.

Ademais, adegas da denominación estiveron estes días expoñendo os seus produtos no salón.
Gourmets é un salón internacional dedicado aos produtos de bebida e alimentación de calidade que este ano conta coa presenza de 1.164 expositores e con máis de 30.000 produtos, procedentes de todo o mundo. 
Nesta XXVIII edición, Xapón é o país de honor.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.