Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

14 de marzo de 2014

OS TRÁXICOS NAUFRAXIOS DOS ÚLTIMOS ANOS





De confirmarse a morte dos tripulantes que aínda permanecen desaparecidos, o do Santa Ana converteríase nun dos naufraxios máis dramáticos dos últimos anos. 

O tráxico récord de vítimas nas costas galegas ségueo tendo o Bahía, un pesqueiro con base en Cambados que se afundiu preto das illas Sisargas o 2 de xuño de 2004, ao parecer por un golpe de mar. Morreron os seus 10 tripulantes, case todos de Redondela. Só se recuperaron os corpos de 6.

Entre eles non estaba o do cambadés Antonio Domínguez tan apreciado na nosa vila.

Hai que remontarse despois a 1991 para lembrar un naufraxio de características similares que tinguiu de loito a vila de Malpica. 9 mariñeiros perderon a vida, case todos menores de 24 anos. Ían a bordo do pesqueiro Os Tonechos que se afundiu ó chocar contra unha rocha.
En febreiro do 2005, o volanteiro Siempre Casina, con base en Burela naufragou a 20 millas de Ribadeo. Levaba 9 mariñeiros. Só un, Xerardo Taboada, conseguiu sobrevivir.
A mesma sorte correron 5 dos 13 tripulantes que ían a bordo do Rosamar, un barco portugués con armador de Burela. Eles contaron como o barco se afundiu en menos dun minuto, despois de que a súa propia rede quedara enganchada no fondo.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.