Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

15 de marzo de 2014

PRINCIPIO DE ACORDO PARA O CERCO GALEGO




Principio de acordo entre os representantes do sector do cerco galego tras case catro horas de reunión na consellería do Mar. Unha xuntanza que, segundo os protagonistas, relaxou posicións e marcou un compromiso de seguir achegando posturas. Non desvelaron datos da proposta pero si que "favorecerá a quen menos ten para intentar acadar un equilibrio xusto e que todo o mundo poida respirar un pouco".

Os representantes do cerco insistiron en que o acordo será só para este ano porque pretenden seguir loitando por unha repartición lineal para a toda a frota do Cantábrico Noroeste. Neste senso a conselleira do Mar asegurou que seguirá traballando para acadar un plan mellor xestionado para a vindeira campaña, e cualificou de maduro este encontro que espera teña o martes o seu acordo definitivo.


As propostas debátense esta mañá cos asociados nunha asemblea en Portosín, e o martes volverá xuntarse todo o sector de novo na Consellería do Mar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.