O "Gran Hermano" nas rias galegas xa está aquí.
A pilotaxe deste proxecto arrancará no primeiro semestre do ano en dous municipios costeiros do litoral galego, segundo explicou na Comisión 8ª do Parlamento o subdirector xeral de Gardacostas, Lino Sexto, en resposta a unha pregunta sobre este tema.
O responsable de Gardacostas dixo tamén que o Proxecto Videoguard está desenvolvido por un consorcio de empresas tecnolóxicas integrado por Coremain, Bastet Ingeniería, TRC, Retegal e coa participación do Centro Tecnolóxico Gradiant, cun investimento de 1,8 millóns de euros, financiados con fondos do programa Innterconecta a través da Consellería de Economía e Industria e o CDTI.
Quen controlará as imaxes?.
Quen dirá que é ou non é delito?.
Porque eses cartos non se empregan na vixiancia a pe de praia?
Quen pode estar tranquilo nas nosas praias sabendo que vai a estar vixiado?
O proxecto garante o respecto á privacidade requirida pola LOPD na monitorización e procesado de vídeo en espazos públicos, empregando técnicas de ocultación selectiva daqueles patróns visuais que puidesen permitir a identificación de persoas e embarcacións nas gravacións. Pero son humáns quenes van visionar as imaxes que poden ser susceptibles de seren manipuladas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.