Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

14 de marzo de 2014

ENÉSIMA CACICADA DE LOUZÁN?





Casualidades da vida o evento deportivo máis importante a celebrar na nosa terra non contará co apoio da Deputación presidida por Rafael Louzán. Malia celebrarse na capital e sendo todo un campeonato do mundo Louzán non quere saber nada do tema. A Xunta aporta una ínfima parte do presuposto. 
Supoñemos que non governe o PP en Pontevedra, non terá influencia nesta decisión. Que a organice o concello sen a "colaboración" do ente provincial, supoñemos que tampouco. Agardamos que explique, Rafael Louzán, o porqué desta decisión que nos parece discriminatoria.

Pontevedra acollerá, a fin de semana do sábado 31 de maio e o domingo 1 de xuño, o Campionato do Mundo de Duatlon, no que se agarda a participación de ata 1.200 deportistas.

O comité organizador, presidido polo alcalde Miguel Anxo Fernández Lores e coa presenza de representantes da Federación Española de Tríatlon, do Consello Superior de Deportes e da secretaría xeral para o Deporte, pechou este xoves en
Pontevedra o orzamento, que se vai ata os 366.000 euros. A Xunta aportará tan só 15.000 e a Deputación negouse a axudar na organización, polo que o concello asume case a totalidade do custo. A organización busca aínda patrocinadores para cubrir uns 32.000 euros de gastos. Fernández Lores, alcalde do BNG, quixo destacar a festa final o domingo pola noite no Recinto Feiral, que ademáis da entrega dos premios acollerá o concerto da orquestra Panorama.


Máis información sobre a proba en http://www.pontevedraduatlon2014.com/


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.