Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

14 de marzo de 2014

ROSA QUINTANA REUNIRASE HOXE CO CERCO GALEGO





A conselleira do Mar reunirase este venres con representantes do sector do cerco de Galicia pra falar das cotas do xurelo e da xarda.

Á reunión, acudirán membros de tódolos colectivos implicados.
Desde a Asociación de Armadores do Cerco de Galicia, pasando pola Organización de Produtores de Lugo e representantes de distintas federacións. 

Nas últimas horas a Asociación de Armadores do cerco anunciaba onte que as lonxas da Coruña e Vigo non funcionarán este venres en sinal de solidariedade coas súas demandas.
A esta hora non hai actividade ningunha nas lonxas de A Coruña e Vigo: non hai peixe, como xa anunciara a Asociación de Cerco de Galicia. A conselleira do Mar, Rosa Quintana, convocounos a eles e ó resto do sector para reunirse hoxe e falar da repartición das cotas do xurelo e da xarda.

Representantes do cerco estarán tamén nesta xornada no Congreso. Teñen xuntanzas con membros do PSOE, e UPyD tamén se interesou por coñecer as súas demandas de primeira man. Agardan poder reunirse ademais con membros de BNG e PP.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.