Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

13 de marzo de 2014

CANTO DURARÁ, SEN RETOCAR A PONTE SE SISÁN INAUGURADA HOXE?




Foto: Ricardo L.C. en "A ti meu Cambados"

O  que ides a leer a continuación e a nota de prensa emitida pola Xunta na que como non, eloxian a obra. Moitos do resto dos mortais poñemos en duda a eficacia da obra.


A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a través de Augas de Galicia, ven de finalizar as obras de mellora da ponte sobre o río Armenteira, ubicada en Ribadumia, concretamente na estrada que une a localidade pontevedresa de Barrantes con Vilariño (CP-9506).
Esta mañá, o director de Augas de Galicia, Francisco Menéndez, acompañado pola alcaldesa de Ribadumia, Salomé Peña; e o delegado territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís; visitou a ponte na que a Consellería de Medio Ambiente investiu case 240.000 euros e que hoxe mesmo ponse en servizo coa súa apertura ao tráfico.

As crecidas dos ríos de Ribadumia unidas ao deseño pouco funcional que presentaba esta infraestrutura ocasionaron o deterioro do mesmo. Os apoios da ponte invadían o canle permanente, o que causaba o estado de inestabilidade e deterioro no que se atopaba.
Foto: Ricardo L.C. en "A ti meu Cambados"
A solución proposta por Augas de Galicia para solventar o problema consistiu na rehabilitación da infraestrutura, aumentando a súa luz de 10 a 20 metros, o que permite situar os estribos fóra do leito do río. Deste xeito, facilitase os desaugamentos e evitase que a ponte constitúa un obstáculo ao paso da auga nas crecidas dos ríos.
Ademais esta actuación axudará a continuar a senda peonil para enlazar co futuro paseo desde a ponte de Barrantes ata a desembocadura do río Umia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.