Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

13 de marzo de 2014

EDÍTASE UNHA OBRA SOBRE OS PAZOS GALEGOS



A obra será presentada no Sexto Edificio do Museo mañán martes, 18 de marzo

A Deputación de Pontevedra vén de editar unha obra na que se recompilan diversos materiais e documentación sobre os pazos galegos, froito dun longo traballo comezado en 1840 polo autor da obra, Miguel Durán-Loriga y Salgado.
Baixo o título Pazos Gallegos. Materiales para su estudio, a obra será presentada o vindeiro 18 de marzo no Sexto Edificio do Museo, nun acto no que está previsto que participe o presidente da Deputación, Rafael Louzán, o director do Museo, Carlos Valle, e o fillo do autor, Juan Durán-Loriga Rodrigáñez, diplomático e embaixador de España en distintos paises.
Este traballo fora impulsado polo doutor López Suárez, Xan de Forcados, quen tivo a iniciativa de publicar un libro definitivo sobre os pazos e casas señoriais de Galicia.

Recrutou para iso o seu vello amigo Miguel Durán-Loriga e Salgado, autor do pavillón de Galicia na exposición de Sevilla inspirado no pazo lucense do Corgo, e para colaborar con el e abordar a vertente histórica e xenealóxica da obra contaron con Antonio Taboada Roca.
Durante cinco veráns, entre 1945 e 1949, Miguel Durán-Loriga, acompañado por Antonio Taboada Roca, percorreu gran parte de Galicia para estudar directamente os complexos pacegos. Froito deste traballo tomaron multitude de notas e realizaron fotografías, debuxos e planos.
 
O falecemento de Miguel Durán-Loriga, na primavera de 1950, deixou inconclusa a tarefa e toda esta documentación sería entregada polos seus fillos Juan e Miguel ao Museo de Pontevedra en agosto de 1981, engrosando os seus fondos documentais e servindo desta forma a moitos investigadores.
Agora o traballo realizado recóllese neste libro que ten unha utilidade incuestionable para o estudo da arquitectura e a cultura dos pazos.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.