Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.
CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.
13 de marzo de 2014
A FROTA DO CERCO MÁIS PRÓXIMA AO DIÁLOGO
A frota do cerco urxe á Conselleira do Mar a que os convoque canto antes para avanzar no repartimento das cotas pesqueiras.
Os representantes do sector que onte abandonaban a reunión á que foran convocados na Xunta, reiteran que están dispostos a dialogar e tentar buscar unha solución para comezar a traballar o máis axiña posible.
O sector responde así á invitación que facía esta mañá na TVG a conselleira do Mar. Rosa Quintana dixo que vai convocar os representantes do cerco en breve para ver se acordan como xestionar o sistema de cotas pesqueiras.
Rosa Quintana, nunha entrevista na Televisión de Galicia, cre que o aumento do cupo da xarda conseguido nas últimas horas debe ser un motivo para a calma.
Tras os incidentes de hai dous días diante do Parlamento e o intento frustrado de mediar entre o sector onte, a conselleira asegura que as portas da Xunta e do Ministerio están abertas. Pídelle ao sector que analice as cifras con tranquilidade para que poida empezar a traballar como están facendo xa no País Vasco.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.