Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

6 de marzo de 2014

EXPOSICIÓN DE VITOR MEJUTO E CONCERTO DA FILARMÓNICA DO SALNÉS





As citas do programa Cooltural de Inverno rematan o 6 de marzo,  hoxe xoves, coa inauguración no pazo de Torrado da exposición de pinturas de Vitor Mejuto. Esta mostra manterase na sala durante un mes.


Para o 8 de marzo, sábado, no que se conmemora o Día Internacional da Muller Traballadora, queda o concerto da Banda Filarmónica do Salnés, de recente formación que está dando os seus primeiros pasos con gran aceptación do público.


Mulleres distinguidas nunha edición anterior
Todos os anos o Concello distingue a varias mulleres neste dia. Coma sempre o concello non dixo aínda quenes ían ser neste ano as que se lles vai facer esta pequena homenaxe polos anos de esforzo traballo e adicación en diferentes eidos. Agardemos que aínda que todas son merecedoras de tal distinción o concello teña a ben pensar máis aló da política e nomear mulleres tamén loitadoras pero pola parte da esquerda.

Dende as 20:00 no salón J. Peña.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.