Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

6 de marzo de 2014

QUEN NON SE CONSOLA É PORQUE NON QUERE





A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria celebra os bos resultados obtidos polo sistema educativo galego tras a rectificación por parte do Ministerio dos datos do informe PISA 2012 no referido á porcentaxe de alumnas e alumnos que faltan á clase e dos que chegan tarde ao centro educativo. Estes datos veñen a confirmar os bos resultados da nosa comunidade neste informe, así como a mellora significativa do sistema educativo galego en todos os indicadores educativos nos últimos 5 anos.

Así destacan dende a Xunta unha revisión do informe PISA2012 en Galicia. O informe so corrixe este dato os importantes que son o nivel educativo seguen mal.

Sinalar esto coma un éxito pouco menos que é vergoñento. O éxito sería que se supera a media nacional ou europea, pero si asisten a clase ou chegan a sua hora é de risa. Aínda sendo importante. Dado o noso clima e moi fácil que as gripes mermen o número de alumnos na aula durante o inverno.

Nese informe PISA 2012 sinalábase que Galicia sitúase entre os seis últimos postos do ranking de comunidades autónomas en coñecemento e manexo das matemáticas; un talón de aquiles dos estudantes galegos de quince anos. E destacaba o bo dato de que superan a media da OCDE en Ciencias e Comprensión lectora. 



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.